Qué se pode entender por documentación informativa? A documentación como concepto xeral, ocúpase dos procesos de transferencia de información dende a súa xeración ata o seu uso. Como actividade de comunicación entre humanos este procedemento tamén inclúe a escolma a recuperación e a difusión da información contida en calquera clase de soporte.
Profundando xa no que se refire a conceptos teóricos a Documentación sitúase no marco teórico das Ciencias da Información.
Polo tanto é información social especializada porque actúa de forma crecente, é información social xeral, ó socializarse os seus produtos e ampliar as súas áreas de acción erguéndose como garante da conserva de la comunicación e a cultura.
Bibloteconomía e Arquivística forman tamén parte da documentación, xa que proceden dun tronco común. As tres ocúpanse dun mesmo obxectivo que non é outro que conservación e información do coñecemento e das actividades humanas rexistradas fronte a bipolaridade Información/Conservación.
Hai algunhas diferencias entre o traballo de documentalista, xornalista e arquiveiro aínda que as fronteiras non están moi definidas. O documentalista traballa para informar, para difundir o que recolle e procesa. O arquiveiro pola contra conserva información rexistrada e que xorde nun organismo determinado ou actividade sendo este a súa función. Un xornalista, nun contexto como o actual é en sentido amplo é quen se sirve do traballo do documentalista e do arquiveiro para elaborar a información, polo tanto sen o traballo previo de outros profesionais da información a labor do xornalista dificultaríase. En resumo é crucial o papel do conservador e do administrador de determinada información e documentación ó que o prefesional do xornalismo se poida valer en casos de imprescindible consulta de arquivos e hemerotecas.
A documentación é un campo interdisciplinar ó que contribúen distintos saberes científicos e tecnicos. A tecnoloxía informática é protagonista en exceso do panorama actual da documentación tanto no plano profesional como na investigación. Tanto os papeis dos documentalistas como productores de información como usuarios son papeis indispensables para o progreso da documentación.
O factor tecnolóxico está a xogar un papel transformador na evolución da documentación, aínda que tamén é certo que a tecnoloxía está a avanzar a moita velocidade aínda que coa desventaxa de que evoluciona o hardware por diante do software, o que quere dicir que o traballo máis importante corre ó cargo dos profesionais da programación informática. Este desfase está a ralentizar o traballo do documentalista. Aínda que a informática non é un traballo exclusivo desta materia é en sí unha ferramenta case indispensable para o desenrolo das actividades.
En síntese a documentación ten como obxectivo de traballo a análise do documento (conxunto formado por un soporte de información, os datos rexistrados sobre ou nese soporte e a súa significación que serve para a consulta o estudo e a proba) e son os datos rexistrados, a información e o seu significado o que terá que trascender ó usuario, que é a finalidade última do procedemento documental.
Fontes: http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/tema2.htm
http://www.uoc.edu/web/esp/art/uoc/partal0402/partal0402.html